Inicio
Grupo de investigación BiotecnIA
O grupo “BiotecnIA” de recente creación, pretende consolidarse como un Grupo de Potencial Crecemento, e chegar a converterse nun dos grupos máis dinámicos da Universidade de Vigo. O grupo ten o seu centro de gravidade no Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo. O grupo está constituído por profesores e investigadores que desenvolven as súas tarefas na Facultade de Ciencias de Ourense; o CITI (Centro de Investigación, Transferencia e Innovación) na Tecnópole de Galicia; o Campus da Auga de Ourense; e a Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, desenvolvendo liñas de actuación no eido da valorización de residuos agroindustriais a través da Biotecnoloxía Industrial e da Enxeñaría Ambiental.
Actualidade
Enxeñaría sostible con selo vigués
O reto de construír mellores sociedades require de profesionais cualificados/as en todos os eidos, tamén na enxeñaría. Neste contexto cobra relevancia o acceso a libros … Continuar
Citaca pon en valor o potencial investigador do campus de Ourense no sector agroalimentario
O Clúster de Investigación e Transferencia Agroalimentario do Campus da Auga (Citaca) arrancou este venres no campus de Ourense a súa actividade pública e fíxoo … Continuar